Skip to main content

Home/ Orientación Galicia/ Contents contributed and discussions participated by mar_celanova

Contents contributed and discussions participated by mar_celanova

mar_celanova

Programa emplea verde - 3 views

  •  
    Programa para a mellora do emprego e o medio ambiente. O seu obxectivo é a creación de emprego, aumentar as competencias e a cualificación dos traballadores e apoiar a creación e consolidación de empresas de economía verde e azul. Destinatarios: persoas traballadoras desempregadas ou ocupadas por conta propia ou allea. Prazo aberto ata o 15/12/2020, ás 14.00 horas
mar_celanova

Oficina virtual do emprego autónomo - 1 views

  •  
    Enlace á oficina virtual do emprego autónomo da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Interesantísmo instrumento para unificar e potenciar a atención ás persoas traballadoras autónomas que desenvolven a súa actividade en Galicia.
mar_celanova

TheHop: Emprendimiento colaborativo | Estrella Galicia - 3 views

  •  
    TheHop é un programa de emprendemento colaborativo. Ou, dito doutro xeito, unha fórmula para que as StartUps formen parte dun ecosistema que lles impulse a medrar xunto á compañía Estrella Galicia. A última edición foi no ano 2019, pero se non coñecedes o proxecto, paga a pena visitar a web
mar_celanova

Como enfrontar unha entrevista de traballo en tempos de coronavirus - 10 views

  •  
    Comparto enlace dun webinar celebrado no marco do talentia summit 2020 (feira virtual de emprego) este mes de novembro. Coñecer cales son as dinámicas que se están levando a cabo durante as entrevistas e saber adaptar o noso currículo a esta nova realidade son dúas das claves que debemos ter en conta para afrontar con éxito unha entrevista laboral.
mar_celanova

As entrevistas de traballo e probas de selección - 2 views

  •  
    Déixovos o enlace a unha pequena guía sobre procesos de selección elaborada pola unidade de servizos de apoio ao emprendemento e ao emprego da USC. Xa que por todos é sabido que a preparación e coñecemento dos procesos de selección fai que teñamos maior probabilidade de éxito.
mar_celanova

Así hay que actuar en una entrevista de trabajo online - 4 views

  •  
    Neste contexto de pandemia que estamos atravesando, son moitas as áreas da nosa vida que nos vimos na obriga de modificar, e os procesos de selección e procura de emprego non ían ser menos. Neste artigo, ofrécennos 6 consellos básicos para enfrontarnos a un proceso de selección a través do ordenador e sair máis ou menos airosos.
mar_celanova

«La empresa te ve trabajar y eso es muy bueno» - 6 views

  •  
    Artigo que nos fala sobre o Programa Integrado de Emprego da comarca do Salnés. "Sen non hai traballo, bo é formarse", filosofía de moitos dos seus participantes. A diferencia dos tradicionais Obradoiros de Emprego, neste caso, os alumnos non perciben retribución económica algunha. Teñen oportunidade de formarse e realizar prácticas en empresas do ramo
mar_celanova

Hacia un mercado de trabajo más eficiente y equitativo tras la COVID-19 | BBV... - 1 views

  •  
    Déixovos este enlace mediante o cal se pode descargar unha das intervencións na comisión social e económica do Congreso dos Deputados, onde queda patente que nos atopamos diante dunha crise que de novo volve sacar á luz algunhas das debilidades da economía española e do seu mercado de traballo. A realidade xa a temos diante e, na miña opinión, verdadeiramente crucial sería mellorar as políticas activas de emprego e de formación
mar_celanova

Informe Mundial sobre el Empleo Juvenil 2020 OIT - 1 views

  •  
    O informe elaborado pola Organización Internacional do Traballo, pon de manifesto que os xovenes afrontan un futuro incerto no mercado laboral debido á automatización, enfoque limitado de boa parte da formación profesional e á falla de empregos acordes coas súas cualificacións.
mar_celanova

Blogue Juan Martínez de Salinas - 6 views

  •  
    Déixovos o enlace ao blogue do compañeiro Juan Martínez de Salinas, licenciado en Dereito e consultor de RRHH. A súa principal actividade actual desenvólvea como coordinador de redes sociais do Instituto Aragonés de Emprego. No blogue, trata temas de interese para os profesionais da orientación laboral e da persoas que se atopan á procura de emprego (técnicas de procura de emprego, entrevista, C.V., employer branding, elección de estudios, potenciación de contactos profesionais, motivación, etc). Agardo que vos sexa de utilidade.
mar_celanova

Un locutorio de Barcelona cobra por conseguir una cita en el Servicio Público... - 3 views

  •  
    Pois así estamos....picaresca para todo. Parece ser que é unha práctica xeralizada, e que cobran entre 10 e 80 € . " A escaseza de citas está a provocar que se comercie con elas. Se houbese un plantel suficiente para atender a carga de traballo que temos agora, poderíamos atender a mais xente", denuncian representantes sindicais. Que opinión vos merece?
mar_celanova

Portal Eures movilidade profesional - 5 views

  •  
    No ano 1994 botou a andar EURES, a rede de cooperación europea de servizos de emprego deseñada para facilitar a libre circulación dos traballadores. Déixovos aquí o enlace á súa web, para seguir explorando diferentes vías de acceso ao mercado laboral
mar_celanova

Programa de emprendemento social innovador no territorio - 7 views

  •  
    Programa da Fundación Roberto Rivas (de emprendemento social e desenvolvemento local) que está a procura de emprendedores con proxectos innovadores e con impacto social para transformar o territorio. A tempo de presentar candidaturas ata o vindeiro 15/12
mar_celanova

Federación de asociacións de mulleres rurais - 1 views

  •  
    Esta federación, entre outras moitas cousas, está impulsando o proxecto de emprendemento de ámbito nacional Ruraltivity, orientado ao emprendemento feminino. Paga a pena coñecer o seu traballo, en demasiadas ocasións as mulleres rurais sufren a denominada "triple discriminación", ao exercer unha actividade económica sometida a grandes incertidumes, nun entorno moi masculinizado e nun medio con pouco apoio social que lles axude coas tarefas familiares.
mar_celanova

Amazon Despega - 6 views

  •  
    Coñecíades esta funcionalidade de Amazon? Veñen de poñer en marcha este servizo co obxectivo de axudar a Pemes e emprendedores a desenvolver as súas habilidades dixitais para vender os seus produtos online. Interesantísimo sempre, pero mais neste contexto de pandemia.
mar_celanova

Las 10 "soft skills" más buscadas por las empresas - 8 views

  •  
    Neste artigo da Fundación Telefónica descubrimos cales son esas habilidades interpersoais que debemos entrenar para ter éxito na nosa procura de emprego, segundo expertos na materia. Trátase daquelas competencias relacionadas coa personalidade do profesional, o seu carácter e o xeito en que se relaciona e comunica cos demais.
mar_celanova

¿Cuáles serán las competencias más demandadas en el mercado laboral? - 7 views

  •  
    Queda patente que no escenario de alerta sanitaria provocado polo coronavirus, nos vimos na obriga de introducir cambios na nosa forma de relacionarnos e traballar. Algunhas competencias profesionais serán diferentes neste contexto e probablemente de aquí en adiante, e perfís innovadores, con inquedanzas para formarse e desenvolver ideas creativas valoraranse mais que nunca
mar_celanova

La Formación Profesional para el Empleo en el ámbito laboral - 9 views

  •  
    En España, a Formación Profesional está integrada por dous subsistemas: - Subsistema de formación profesional inicial ou regulada, que depende do Ministerio de Educación - Subsistema de formación profesional para o emprego, vinculado ao Ministerio de Emprego. En todo caso, o sistema de formación para o emprego ten a misión de formar e capacitar as personas para o traballo e actualizar as súas competencias e coñecementos ao longo da súa vida profesional.
mar_celanova

Twitter: cómo hacer networking y conquistar el mundo - 9 views

  •  
    Cando un está interesado en crear redes de contactos profesionais para compartir información, buscar clientes, oportunidades de negocio e alianzas, non podemos deixar fóra da nosa estratexia Twitter. Deste xeito tan sinxelo e didáctico explícanolo Carolina Marín (Asesora e capacitadora dixital) neste artigo.
mar_celanova

Yo también fui un paleto digital - 11 views

  •  
    Recomendación de Víctor Candel (formador y experto en talent acquisition y employer branding). Deixar atrás o "analfabetismo dixital" xa non se trata dunha opción, senón dunha obriga. Quen non o entenda así terá moito que perder en diferentes ámbitos, entre eles, o que nos ocupa, o ámbito laboral
1 - 20 of 24 Next ›
Showing 20 items per page