Skip to main content

Home/ Groups/ CURSO TIC LINGUAS ESTRANXEIRAS EDICIÓN 2015-2016
Curso-TIC Idiomas

MAIL VU - 0 views

  •  
    Mail Vu é unha aplicación que nos permite gravar vídeos en liña e compartilos por correo electrónico.
Curso-TIC Idiomas

STORY JUMPER - 0 views

  •  
    É unha ferramenta para desenvolver a escritura de historias e a creatividade, pero tamén un sitio para a publicación dos relatos dos nosos alumnos. Permite a calquera crear e publicar un libro infantil, tanto en liña como en tapa dura (neste caso, previo pago).
Curso-TIC Idiomas

SCRIBD - 0 views

  •  
    É un é unha plataforma para almacenar e compartir documentos na rede. Ademais de subir arquivos DOC, PDF, TXT, PPT, etc. desde o noso ordenador, a Scribd podemos subir documentos desde Gogle Docs e tamén crealos no momento xa que conta coa opción "ingresar texto". Calquera das tres opcións dános grandes posibilidades para o traballo no aula. Todos os arquivos podemos compartilos en internet a través do seu URL ou embebelos, ademais de poder descargalos e imprimilos.
Curso-TIC Idiomas

PAGE FLIP FLAP - 1 views

  •  
    Con esta ferramenta 2.0 pódense transformar documentos pdf, word, vídeo, etc. en flipbooks interactivos en tan só dous pasos. É moi sinxelo, só hai que subir o arquivo e recibirás un email cun enlace cara á túa creación. E despois a compartir na rede. É gratis e non necesita rexistro.
Curso-TIC Idiomas

LIVING JUNCTION: aloxar e compartir documentos online - 0 views

  •  
    É un sitio web en beta para crear libros (ou revistas) interactivos. Permite engadir texto, audio e vídeo. A diferencia con Issuu é que en Living Junction edítase o texto online e permite engadir vídeos. Os libros virtuais creados pódense compartir a través de ligazóns pero por agora o sitio aínda non ofrece códigos de embedido para inserilos noutras webs ou blogs.
Curso-TIC Idiomas

CALAMEO: aloxar e compartir documentos online - 0 views

  •  
    É unha ferramenta 2.0 para aloxar diversos tipos de documentos proporcionando unha visualización moderna de libro digital que conta cun zoom interactivo moi dinámico. É similar a outros coñecidos servizos como Issuu. Calaméo permite subir documentos PDF, DOC, PPT e arquivos de OpenOffice e tamén crear textos online. O seu uso é moi sinxelo, as publicacións publícanse na rede a través dunha URL e o código de embebido e pódense activar para que sexan descargadas polos nosos alumnos.
Curso-TIC Idiomas

STORIFY - 2 views

  •  
    É unha aplicación 2.0 que permite crear paneis con noticias sacadas principalmente das redes sociais. Pode resultar moi útil na nosa contorna educativa para crear rapidamente revistas con noticias importantes. Outra vantaxe de Storify é que se pode engadir á barra de marcadores como bookmarklet para facilitar o seu uso
‹ Previous 21 - 27 of 27
Showing 20 items per page