Skip to main content

Home/ CURSO TIC LINGUAS ESTRANXEIRAS EDICIÓN 2015-2016/ Group items tagged 6

Rss Feed Group items tagged

beatizoncouto

Learning English - 6 Minute English - 1 views

  •  
    Moi bos recursos para que os alumn@s de niveis B1 e B2 practiquen a súa comprensión oral na casa de maneira autónoma. Ademais, ao durar un máximo de 6 minutos, os audios son ideais para a creación de tarefas para a aula sen necesidade de ter que editar o arquivo sonoro.
Curso-TIC Idiomas

WORDLE: Crear nubes de palabras - 1 views

  •  
    Aplicación en liña que serve para xerar nubes de palabras a partir dun texto que elixamos. Non requirerexistro previo. A aplicación conta as palabras do texto e segundo o número de veces que se repitan lles da un tamaño máis o menos grande. Pódense configurar as cores, a disposición, o número de palabras, etc. O resultado final é visualmente moi atractivo. A nube pódese embedir no noso blog, páxina web, etc.
  •  
    Aplicación que permite moitos usos no ensino de linguas: Activación de vocabulario, ordenar elementos na oración, elaborar definicións a partir dun wordle de palabras soltas, introducción a un tema novo, etc. Moi recomendable.
Curso-TIC Idiomas

SMORE: Crear folletos online - 0 views

  •  
    É un sitio onde crear fantásticos folletos online, podéndose utilizar para crear anuncios e eventos de todo tipo, difundir na rede actividades e proxectos, etc. Para os educadores, é unhaferramenta con grandes posibilidades na aula, é sinxela de utilizar e cun resultado visualmente estupendo. Smore é unhaferramentagratuíta, só é necesario rexistrase para comezar a crear folletos e páxinas web. É moi práctica para presentar traballos de clase sexa cal for a nosa materia. Os traballos compártense facilmente na rede grazas á URL e o código de embebido.
Curso-TIC Idiomas

POSTERMYWALL: Crear posters e flyers online - 0 views

  •  
    Postermywall é unhaferramenta que, de maneira gratuíta, permite crear posters e flyers partindo de persoais moi rechamantes. Permite gardar o deseño como imaxe no computador para posterior impresión. Ideal para anunciar eventos, concursos, etc
Curso-TIC Idiomas

POLLDADDY: Crear enquisas online - 0 views

  •  
    Polldaddy é unha práctica ferramenta online para xerar enquisas, votacións, sondaxes e formularios que nos poden ser de gran axuda no nosotraballo docente. Máis fiable que a ferramenta "enquisa" de blogger para crear votacións no blog (permite agregar a votación a través dun código de embebido)
Curso-TIC Idiomas

KIZOA: Crear presentacións en vídeo a partir de imaxes e cancións - 0 views

  •  
    Esta ferramenta permite crear diapositivas con efectos, texto, e música, facer collages animados ou estáticos e cartóns virtuais con modelos ou libremente para despoiscompartilas en liña: email, Facebook, Twitter, páxinasweb ... Permite tamén converter en vídeo, e subilo a YouTube ou gravar as diapositivas creadas en DVD
Curso-TIC Idiomas

Text to MindMap: Construíndo mapas conceptuais a partir dun texto - 0 views

  •  
    Ferramenta 2.0 que nos permite crear mapas mentais dunha maneira sinxela, a partir de texto plano. Non require rexistro previo nin necesidade de estar logueado para usala. Estes ingredientes fana moi amigable para o ámbito educativo e especialmente propicia para o uso por parte do alumnado.
miguel_patino

SFIDA IL DEVOTO-OLI - 0 views

  •  
    Interesante e divertido xogo sobre a Lingua Italiana dividido en 6 partes ( Orixe das palabras. Familias de palabras. Préstamos e estranxerimos. Locucións e proverbios. Preposicións e preposicións con verbos. Sinónimos) subdivididos a súa vez en 10 niveis de dificultad.
1 - 8 of 8
Showing 20 items per page