Skip to main content

Home/ CURSO TIC LINGUAS ESTRANXEIRAS EDICIÓN 2015-2016/ Group items tagged documentos

Rss Feed Group items tagged

Curso-TIC Idiomas

CALAMEO: aloxar e compartir documentos online - 0 views

  •  
    É unha ferramenta 2.0 para aloxar diversos tipos de documentos proporcionando unha visualización moderna de libro digital que conta cun zoom interactivo moi dinámico. É similar a outros coñecidos servizos como Issuu. Calaméo permite subir documentos PDF, DOC, PPT e arquivos de OpenOffice e tamén crear textos online. O seu uso é moi sinxelo, as publicacións publícanse na rede a través dunha URL e o código de embebido e pódense activar para que sexan descargadas polos nosos alumnos.
Curso-TIC Idiomas

SCRIBD - 0 views

  •  
    É un é unha plataforma para almacenar e compartir documentos na rede. Ademais de subir arquivos DOC, PDF, TXT, PPT, etc. desde o noso ordenador, a Scribd podemos subir documentos desde Gogle Docs e tamén crealos no momento xa que conta coa opción "ingresar texto". Calquera das tres opcións dános grandes posibilidades para o traballo no aula. Todos os arquivos podemos compartilos en internet a través do seu URL ou embebelos, ademais de poder descargalos e imprimilos.
Curso-TIC Idiomas

LIVING JUNCTION: aloxar e compartir documentos online - 0 views

  •  
    É un sitio web en beta para crear libros (ou revistas) interactivos. Permite engadir texto, audio e vídeo. A diferencia con Issuu é que en Living Junction edítase o texto online e permite engadir vídeos. Os libros virtuais creados pódense compartir a través de ligazóns pero por agora o sitio aínda non ofrece códigos de embedido para inserilos noutras webs ou blogs.
SONIA_VÁZQUEZ_ GÓMEZ

Insuf-FLE... - 1 views

  •  
    Son recursos para ser empregados na aula de ensino de francés. Normalemente atopamos un documento cun soporte audio, video ou escrito, e a continuación temos unha ficha pedagóxica para explotar ese soporte, incluindo unha ficha para o profesor/a.
Curso-TIC Idiomas

PAGE FLIP FLAP - 1 views

  •  
    Con esta ferramenta 2.0 pódense transformar documentos pdf, word, vídeo, etc. en flipbooks interactivos en tan só dous pasos. É moi sinxelo, só hai que subir o arquivo e recibirás un email cun enlace cara á túa creación. E despois a compartir na rede. É gratis e non necesita rexistro.
Milagros Pérez Arias

Podcast français facile - 1 views

  •  
    Esta páxina propón documentos de audio en mp3 para o ensino/ aprendizaxe do francés lingua estranxeira. Pódese utilizar para todos os niveis, xa que os contidos clasifícanse segundo 3 niveis: principiante, intermedio e avanzado. A páxina é moi sinxela e permite unha búsqueda rápida dos contidos organizados en seccións. As actividades que acompañan aos audios están ben feitas, Por outra banda, é un bo recursos para recomendar aos alumnos que queren traballar de xeito autónomo a comprensión oral ou algún contido gramatical ou léxico en particular.
1 - 6 of 6
Showing 20 items per page