Kahoot é unha plataforma de aprendizaxe que permite a profesores e alumnos crear cuestionarios baseados no xogo a través dos que investigar, crear, colaborar e compartir coñecemento. Pode xogarse de forma individual ou en grupo, online ou a través de teléfonos móbiles
Polldaddy é unha práctica ferramenta online para xerar enquisas, votacións, sondaxes e formularios que nos poden ser de gran axuda no nosotraballo docente. Máis fiable que a ferramenta "enquisa" de blogger para crear votacións no blog (permite agregar a votación a través dun código de embebido)
Esta ferramenta permite crear diapositivas con efectos, texto, e música, facer collages animados ou estáticos e cartóns virtuais con modelos ou libremente para despoiscompartilas en liña: email, Facebook, Twitter, páxinasweb ... Permite tamén converter en vídeo, e subilo a YouTube ou gravar as diapositivas creadas en DVD
Ferramenta 2.0 que nos permite crear mapas mentais dunha maneira sinxela, a partir de texto plano. Non require rexistro previo nin necesidade de estar logueado para usala. Estes ingredientes fana moi amigable para o ámbito educativo e especialmente propicia para o uso por parte do alumnado.
Aplicación en liña que serve para xerar nubes de palabras a partir dun texto que elixamos. Non requirerexistro previo.
A aplicación conta as palabras do texto e segundo o número de veces que se repitan lles da un tamaño máis o menos grande. Pódense configurar as cores, a disposición, o número de palabras, etc.
O resultado final é visualmente moi atractivo. A nube pódese embedir no noso blog, páxina web, etc.
Postermywall é unhaferramenta que, de maneira gratuíta, permite crear posters e flyers partindo de persoais moi rechamantes. Permite gardar o deseño como imaxe no computador para posterior impresión. Ideal para anunciar eventos, concursos, etc
É un sitio onde crear fantásticos folletos online, podéndose utilizar para crear anuncios e eventos de todo tipo, difundir na rede actividades e proxectos, etc. Para os educadores, é unhaferramenta con grandes posibilidades na aula, é sinxela de utilizar e cun resultado visualmente estupendo. Smore é unhaferramentagratuíta, só é necesario rexistrase para comezar a crear folletos e páxinas web. É moi práctica para presentar traballos de clase sexa cal for a nosa materia. Os traballos compártense facilmente na rede grazas á URL e o código de embebido.
Tubechop permítenos nun vídeo de Youtube "cortar" a parte que nos interese e compartila a través dunha ligazón URL, dun código de embedidoounas redes sociais. Moi útil cando nos atopamos con vídeos moi longos
Unha ferramenta 2.0 que permite crear foros falados (en vez da modalidade máis común de foros escritos). Resulta moi adecuada para crear foros de debate online que lles permitirá aos nosos alumnos desenvolver as súas destrezas de interacción oral. Os audioforos creados con Voxopop poden ser públicos, restrinxidos ou totalmente privados
É unha ferramenta para desenvolver a escritura de historias e a creatividade, pero tamén un sitio para a publicación dos relatos dos nosos alumnos. Permite a calquera crear e publicar un libro infantil, tanto en liña como en tapa dura (neste caso, previo pago).