Polldaddy é unha práctica ferramenta online para xerar enquisas, votacións, sondaxes e formularios que nos poden ser de gran axuda no nosotraballo docente. Máis fiable que a ferramenta "enquisa" de blogger para crear votacións no blog (permite agregar a votación a través dun código de embebido)
Unha ferramenta 2.0 que permite crear foros falados (en vez da modalidade máis común de foros escritos). Resulta moi adecuada para crear foros de debate online que lles permitirá aos nosos alumnos desenvolver as súas destrezas de interacción oral. Os audioforos creados con Voxopop poden ser públicos, restrinxidos ou totalmente privados
Esta ferramenta permite crear diapositivas con efectos, texto, e música, facer collages animados ou estáticos e cartóns virtuais con modelos ou libremente para despoiscompartilas en liña: email, Facebook, Twitter, páxinasweb ... Permite tamén converter en vídeo, e subilo a YouTube ou gravar as diapositivas creadas en DVD
Ferramenta 2.0 que nos permite crear mapas mentais dunha maneira sinxela, a partir de texto plano. Non require rexistro previo nin necesidade de estar logueado para usala. Estes ingredientes fana moi amigable para o ámbito educativo e especialmente propicia para o uso por parte do alumnado.
É unha ferramenta 2.0 para aloxar diversos tipos de documentos proporcionando unha visualización moderna de libro digital que conta cun zoom interactivo moi dinámico. É similar a outros coñecidos servizos como Issuu. Calaméo permite subir documentos PDF, DOC, PPT e arquivos de OpenOffice e tamén crear textos online. O seu uso é moi sinxelo, as publicacións publícanse na rede a través dunha URL e o código de embebido e pódense activar para que sexan descargadas polos nosos alumnos.
É unha ferramenta para desenvolver a escritura de historias e a creatividade, pero tamén un sitio para a publicación dos relatos dos nosos alumnos. Permite a calquera crear e publicar un libro infantil, tanto en liña como en tapa dura (neste caso, previo pago).
Con esta ferramenta 2.0 pódense transformar documentos pdf, word, vídeo, etc. en flipbooks interactivos en tan só dous pasos. É moi sinxelo, só hai que subir o arquivo e recibirás un email cun enlace cara á túa creación. E despois a compartir na rede. É gratis e non necesita rexistro.