Skip to main content

Home/ CURSO TIC LINGUAS ESTRANXEIRAS EDICIÓN 2015-2016/ Group items tagged e

Rss Feed Group items tagged

pau_ballesteros

PHONETIQUE Apprendre à prononcer le français - 2 views

  •  
    Esta é unha páxina web moi útil para aprender a fonética francesa, desde nivel principiante ata avanzado, con multitude de exercicios prácticos. Pódense atopar exercicios orais do abecedario, exercicios de discriminación, xogos e trabalinguas para traballar na aula cos alumnos.
  •  
    Esta páxina divídese en 4 secións (alfabeto, fonemas, outras actividades e trabalinguas) nas que se explica a teoría e se dispón de diferentes exercicios de pronuncia e escoita.
dolores_manteiga

English news and easy articles for students of English - 0 views

  •  
    A páxina estrutúrase nun encabezado onde podemos atopar vídeos según nivel (do 1 ó 3, coa transcrición do audio e o vocabulario específico ou difícil en negrita), así como apoio e complemento lingüístico: - Book (Robinson Crusoe) - Skype (co que, unha vez rexistrados, podemos falar ou escribir coa xente dispoñible no servicio) - Jokes (texto e audio, clasificados por niveis) - Videos (clasificados por niveis, secuencias de películas, series, documentais, conferencias, aficións habituais, rutinas diarias e música) - MP3 (o único de pago). Na páxina principal atópanse os vídeos máis recentes e, ó final da páxina, conta con consellos para aprender e mellorar a aprendizaxe do inglés coa súa metodoloxía por niveis.
CARLA RIBEIRO

Páxinas atractivas para o ensino do Portugués - 1 views

DATOS XERAIS Nome do sitio web: Educalim Dirección URL: http://www.educalim.com/biblioteca/ Data de consulta: Setembro 2015 Lingua/s: Castellano Autor/es: Edilim Estrutura da páxina: Mixta Resume d...

Portugués

started by CARLA RIBEIRO on 10 Apr 16 no follow-up yet
Curso-TIC Idiomas

SMORE: Crear folletos online - 0 views

  •  
    É un sitio onde crear fantásticos folletos online, podéndose utilizar para crear anuncios e eventos de todo tipo, difundir na rede actividades e proxectos, etc. Para os educadores, é unhaferramenta con grandes posibilidades na aula, é sinxela de utilizar e cun resultado visualmente estupendo. Smore é unhaferramentagratuíta, só é necesario rexistrase para comezar a crear folletos e páxinas web. É moi práctica para presentar traballos de clase sexa cal for a nosa materia. Os traballos compártense facilmente na rede grazas á URL e o código de embebido.
Curso-TIC Idiomas

CALAMEO: aloxar e compartir documentos online - 0 views

  •  
    É unha ferramenta 2.0 para aloxar diversos tipos de documentos proporcionando unha visualización moderna de libro digital que conta cun zoom interactivo moi dinámico. É similar a outros coñecidos servizos como Issuu. Calaméo permite subir documentos PDF, DOC, PPT e arquivos de OpenOffice e tamén crear textos online. O seu uso é moi sinxelo, as publicacións publícanse na rede a través dunha URL e o código de embebido e pódense activar para que sexan descargadas polos nosos alumnos.
martrolas

Creación de videos e de libros online. - 3 views

English Videos Writing

started by martrolas on 22 Apr 16 no follow-up yet
fatima_cruzado

English for Kids | Anglomaniacy - 0 views

  •  
    Ofrece materiais para o aprendizaxe do Inglés detinado a nenos, pais e profesores cunha interfaz bastante atractiva e intuitiva para os nenos.
Curso-TIC Idiomas

KIZOA: Crear presentacións en vídeo a partir de imaxes e cancións - 0 views

  •  
    Esta ferramenta permite crear diapositivas con efectos, texto, e música, facer collages animados ou estáticos e cartóns virtuais con modelos ou libremente para despoiscompartilas en liña: email, Facebook, Twitter, páxinasweb ... Permite tamén converter en vídeo, e subilo a YouTube ou gravar as diapositivas creadas en DVD
miguel_patino

SFIDA IL DEVOTO-OLI - 0 views

  •  
    Interesante e divertido xogo sobre a Lingua Italiana dividido en 6 partes ( Orixe das palabras. Familias de palabras. Préstamos e estranxerimos. Locucións e proverbios. Preposicións e preposicións con verbos. Sinónimos) subdivididos a súa vez en 10 niveis de dificultad.
Ana Iglesias

Audio Lessons - 1 views

  •  
    Blog interesante, tanto para alumnos como para profesores, xa que contén actividades de "speaking" e de "listening" para traballar os alumnos de forma autónoma e "lesson`plans" para profesores
  •  
    Actividades de listening basadas en TED.com
Curso-TIC Idiomas

Kahoot! Xogo e aprendizaxe - 0 views

  •  
    Kahoot é unha plataforma de aprendizaxe que permite a profesores e alumnos crear cuestionarios baseados no xogo a través dos que investigar, crear, colaborar e compartir coñecemento. Pode xogarse de forma individual ou en grupo, online ou a través de teléfonos móbiles
Curso-TIC Idiomas

Spreaker: Crea e comparte podcasts online - 0 views

  •  
    Spreaker é un sitio web que permite gravar e compartir podcasts nunha canle propia: Vocaroo e Ivoox nun só sitio web!
raquel_lopez_rod

ENGLISH EXERCISES - 0 views

  •  
    Gran cantidade de fichas en liña e actividades interactivas deseñadas por docentes para reforzar a comprensión e produción oral e escrita en inglés. Atopamos actividades que serven para traballar vocabulario, aspectos gramaticais, fonéticos, socio-culturais...a través de vídeos, cancións, textos, poemas, etc.
Curso-TIC Idiomas

LIVING JUNCTION: aloxar e compartir documentos online - 0 views

  •  
    É un sitio web en beta para crear libros (ou revistas) interactivos. Permite engadir texto, audio e vídeo. A diferencia con Issuu é que en Living Junction edítase o texto online e permite engadir vídeos. Os libros virtuais creados pódense compartir a través de ligazóns pero por agora o sitio aínda non ofrece códigos de embedido para inserilos noutras webs ou blogs.
Curso-TIC Idiomas

SCRIBD - 0 views

  •  
    É un é unha plataforma para almacenar e compartir documentos na rede. Ademais de subir arquivos DOC, PDF, TXT, PPT, etc. desde o noso ordenador, a Scribd podemos subir documentos desde Gogle Docs e tamén crealos no momento xa que conta coa opción "ingresar texto". Calquera das tres opcións dános grandes posibilidades para o traballo no aula. Todos os arquivos podemos compartilos en internet a través do seu URL ou embebelos, ademais de poder descargalos e imprimilos.
Curso-TIC Idiomas

PAGE FLIP FLAP - 1 views

  •  
    Con esta ferramenta 2.0 pódense transformar documentos pdf, word, vídeo, etc. en flipbooks interactivos en tan só dous pasos. É moi sinxelo, só hai que subir o arquivo e recibirás un email cun enlace cara á túa creación. E despois a compartir na rede. É gratis e non necesita rexistro.
ana_sande_blanco

Free website for learners of  English | ESL-EFL | Learn English Today - 0 views

  •  
    Páxina web bastante completa na que se inclúen unidades gramaticais, vocabulario, xogos, exercicios, recursos para estudantes e profesores, etc.
1 - 20 of 64 Next › Last »
Showing 20 items per page